Treme, Asturias, que ven a fabada de Marcón!
Por Diego Torrado
A parroquia de Marcón celebrou durante este soleado domingo a VII edición da Festa da Fabada, que organiza o Club de Fútbol da parroquia coa colaboración do Concello.
O Marcón Atlético organiza esta festa co obxectivo de sufragar os gastos da tempada, que está sendo especialmente custosa xa que conta con preto de 150 fichas.
A previsión dos organizadores é chegar ás 600 racións de fabada que ten un custo de 7 euros, e inclúe un bolo de pan e un vaso de viño ou de auga para os que teñan que conducir.