Unha sondaxe electoral de Marea revela que o alcalde de Pontevedra é menos coñecido agora que o ano pasado
Por Oskar Viéitez
A sondaxe electoral electoral encargado por Marea Pontevedra reflicte algúns curiosos resultados como é o referido á coñecemento por parte da cidadanía dos líderes políticos municipais.
Neste apartado a enquisa revela que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, era coñecido polo 98% da poboación en xaneiro de 2016, con todo a estimación baixa ao 94% en xaneiro deste ano, nunha sorte de Benjamin Button que tamén se repite no caso do portavoz socialista Tino Fernández, que pasa do 48 ao 44% en grao de coñecemento.
Outro resultado que reflicte a enquisa de Marea Pontevedra é que o líder municipal mellor valorado é o seu portavoz, Luís Rei. A enquisa sitúa a BNG e PP como primeira e segunda forza en intención de voto e avanza o 'sorpasso' da coalición de esquerdas ao PSOE.
A sondaxe fíxose por vía telefónica a 100 persoas maiores de idade do municipio en xaneiro de 2016 e o mesmo mes de 2017.
O traballo demoscópico tamén analiza outras cuestións como a situación do transporte público, da economía e do estado ambiental da ría, aspectos que empeoraron segundo os pontevedreses enquisados, que por maioría (50%) están en contra da permanencia do complexo industrial Ence-Elnosa na ría.