Extinguido o incendio forestal na parroquia de Borela despois de queimar 30 hectáreas
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia informou que xa quedou extinguido ás 23.03 horas do venres o lume que comezaba ás 20,40 horas do xoves na paroquia de Borela, no concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo as últimas estimacións oficiais, afectou unha superficie de 30 hectáreas, das cales a metade é monte raso e a outra monte arborado.
Na súa extinción traballaron 8 axentes, 17 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.
O lume puxo en perigo varias casas.
As primeiras investigacións apuntan que a orixe do incendio foi unha queima realizada por un veciño da zona que descontrolouse co vento. Dende o pasado 10 de abril a Xunta de Galicia prohibiu as queimas de restos agrícolas e forestais.