Un operario, ferido en Curro ao derrubarse o tellado que arranxaba
Por Redacción
Un traballador resultaba ferido na tarde deste venres no concello de Barro tras sufrir un accidente laboral. A vítima estaba a arranxar un tellado cando parte da estrutura veu abaixo. O operario precipitábase ao chan desde unha altura duns tres metros.
Segundo o servizo de Emerxencias do 112, o accidente acontecía nunha casa situada en Fonte do Curro, na parroquia de Curro.
O 112 Galicia tivo constancia das feitos ás 16.15 horas desta tarde, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Pola súa banda, desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaban á Garda Civil e a Protección Civil.
O operario foi trasladado polos efectivos sanitario ao Hospital Quirón Salud-Miguel Domínguez de Pontevedra.