Recolte é a principal aspirante ao contrato da recollida de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez
A empresa Recolte é a principal aspirante a facerse co contrato da xestión do servizo de limpeza urbana, recollida e transporte de residuos sólidos urbanos do Concello de Marín.
Esta empresa é a proposta para a adxudicación provisional por parte da mesa de contratación, por ser a que máis puntuación obtén con cargo aos requisitos esixidos no prego de condicións e que marcan esta contratación administrativa de xestión de servizo público.
É a mellor oferta desde o punto de vista técnico e económico e a que máis alta puntuación conseguiu obter nos dous aspectos, tanto nos avaliados automaticamente, como nos sometidos a xuízos de valor.
Na actualidade esta empresa presta o seu servizos na Mancomunidade do Morrazo integrada por Bueu, Cangas e Moaña.
Despois da apertura dos sobres das ofertas tanto a técnica, como a económica resultou que Recorte, unha das 5 empresas que se presentaron ao concurso, estaba incursa en baixa, por non xustificar ben as amortizacións que expuña na súa oferta.
Á vista de ésto, a mesa de contratación esixiulle a presentación dunha xustificación que sostivese a oferta que expoñen.
Transcorrido o prazo e analizada pola parte técnica da mesa está xustificación, acordouse estimala e en consecuencia propoñer a adxudicación provisional da mesma que será ditaminada na próxima comisión informativa de medio ambiente e que elevará para o seu acordo ao próximo pleno da corporación.
Relacionadas:
-
A nova empresa de limpeza viaria de Marín inicia a súa actividade este martes
Por Oskar Viéitez |
-
Duras críticas do BNG á adxudicación do contrato de lixo a unha empresa que pagará impostos en Barro
Por Redacción |
-
O pleno de Marín abordará a concesión do servizo de lixo á empresa Recolte
Por Oskar Viéitez |
-
Admitidas as ofertas de cinco empresas para o contrato de recollida de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
A nova empresa que xestione o lixo de Marín deberá reciclar un 50% dos residuos en 2020
Por Redacción |
-
Ramallo prorroga o contrato da recollida do lixo ata que se adxudique o novo concurso
Por Oskar Viéitez |