A Xunta iniciou o expediente para a extinción do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia vén de iniciar, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, o correspondente expediente para a extinción do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas, tras cumprirse máis de tres meses de inactividade neste centro.
A asociación que aglutina ós profesionais dos CIM (ASOCIM) considera "imprescindible" o mantemento deste servizo e, por elo, quere facer público o seu "total apoio e solidariedade coas técnicas do CIM de Ponte Caldelas e con tódalas persoas afectadas polo peche deste centro".
"Pechar este servizo tras anos de impecable traxectoria significa abandonar a unha parte da poboación e renegar do bo labor e da calidade do traballo realizado polas profesionais (avogada e psicóloga) que atendían este CIM", din nun escrito.
ASOCIM considera "nefasta" a decisión do goberno local e sinalan que "pon en evidencia a escasa conciencia de xénero do Concello de Ponte Caldelas".
Así mesmo, ASOCIM reprende o trato que o goberno local dispensou ás dúas técnicas do CIM cando emprenderon accións legais cara a súa consolidación como persoal estable, opción que o Concello rexeitou para despois negarse a prorrogarlles os contratos. "O consistorio prefire deixar sen servizo ás usuarias antes que recoñecer e dignificar os postos de traballo da avogada e da psicóloga", engaden.
Relacionadas:
-
O Concello de Ponte Caldelas presenta recurso contra a sentenza sobre o persoal do CIM
Por Redacción |
-
A Xunta empraza ao Concello de Ponte Caldelas a que reabra o CIM
Por Oskar Viéitez |
-
O Parlamento demanda que a Xunta medie para que non se peche o CIM de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O PP presenta unha proposición non de lei para pedir a reapertura do CIM de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Os socialistas reclaman á Xunta que asuma os Centros de Información á Muller
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva reclama á Xunta un plan integral para os CIM de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Denuncian ante a Comisión Europea o peche do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |