Trasladan unha persoa afectada polo fume tras incendiarse a súa vivenda en Portonovo
Por Redacción
Unha persoa tivo que ser trasladada esta madrugada despois de producirse un incendio na súa vivenda nun edificio da rúa Ourense en Portonovo, Sanxenxo.
A vítima resultaba afectada por inhalación de fume e tivo que ser evacuada por Urxencias Médicas a un centro hospitalario.
O 112 Galicia foi alertado por axentes da Policía Local, ás 01.35 horas da madrugada deste xoves 27. Desde o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia trasladábase o aviso aos Bombeiros do Salnés, que finalmente non chegaron a intervir.
O lume foi controlado polos membros do Grupo de Emerxencias de Sanxenxo, aos que tamén alertaron desde o 112 do mesmo xeito que ao servizo de Urxencias Médicas que enviaron unha ambulancia para o traslado da persoa afectada polo fume.