Fidel Castro será homenaxeado este sábado no Teatro Principal de Pontevedra
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este sábado 29 de abril, a partir das 19.30 horas, unha homenaxe ao ex presidente cubano, Fidel Castro.
Trátase dun acto organizado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.
Nel, segundo reza a convocatoria, intervirán o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o cónsul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solaina; o presidente da asociación organizadora, Valentín Alvite; e o activista e actor Willy Toledo.
Esta homenaxe, que estará presentado pola actriz Mónica Caamaño, terá ademais un marcado acento cultural. Nel, participarán os poetas Anxo Angueira, Marta Dacosta, Pepe Cáccamo, Manolo Pipas, Celso Parada e Luz Fandiño.
A música, pola súa banda, correrá a cargo de Tino Baz, Mini e Mero e Uxía Senlle.
A entrada é gratuíta ata completar aforamento.