Estudantes da Escola de Forestais coñecen o funcionamento de Sogama
Por Redacción
Universitarios da Escola de Forestais de Pontevedra visitaba este luns o complexo ambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña), tal e como vén facendo durante todos os cursos académicos. Nesta ocasión, novos estudantes acudiron acompañados polo catedrático Luís Ortiz para coñecer a fondo os procesos industriais desenvolvidos nunha infrestrutura que a día de hoxe é referencia para o sector de enxeñeira a nivel internacional.
Os técnicos de Sogama realizaron explicacións teóricas aos estudantes que percorreron as instalacións centrais da sociedade. Observaron a xestión que reciben as dúas fraccións de residuos competencia desta empresa pública: bolsa amarela, isto é, latas, briks e envases de plástico recollidos a través dos colectores amarelos e a bolsa negra, que contén os restos depositados no colector verde convencional.
Na planta de clasificación sepáranse de forma automática os distintos materiais que se inclúen na bolsa amarela. Utilízanse lectores ópticos, electroimáns, correntes de Foucaul e campás aspiradoras. O material é prensado e embalado por separado para ser remitidos aos centros recicladores, reincorporándose ao circuíto comercial cunha nova vida.
O tratamento da bolsa negra lévase a cabo na planta de reciclaxe e elaboración de combustible, onde se seleccionan, tamén de forma mecánica, os materiais susceptibles de ser reciclados (aceiro, aluminio e vidro), acondicionando co resto un combustible derivado de residuos co que se nutre unha planta termoeléctrica na que se produce enerxía eléctrica suficiente para abastecer ao 12% dos fogares galegos.
Este proceso que desenvolve Sogama utiliza tecnoloxías innovadoras e de última xeración coas que se garante que todos os niveis de emisión á atmosfera atópense moi por baixo dos límites legais.
As plantas de valorización enerxética constitúen as instalacións sobre as que pesa unha normativa moi rigorosa. Sogama ten previsto acometer unha ampliación industrial co incremento da súa capacidade nun 81%, pasando das 550.000 toneladas anuais a 1 millón. Desta forma aumentarase a súa achega á reciclaxe en 120.000 toneladas ao ano, á vez que diminuirá o uso do vertedoiro ata chegar á vertedura técnica cero, máximo expoñente e principal evidencia da economía circular.
Poñer en valor os residuos domésticos, aplicando de forma prioritaria as tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), ademais da recuperación enerxética da parte non reciclable, constitúe a estratexia que guía a filosofía empresarial de Sogama.
En xaneiro de 2019 finalizará a ampliación da empresa pública, que é líder en España e converterase en referente en Europa e no mundo.
Relacionadas:
-
A Escola de Forestais é o primeiro centro do campus en recibir o Q de calidade
Por Redacción |
-
Sogama entregará composteiros en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Os bañistas de varias praias pontevedresas recibirán educación ambiental
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta de Escola confirma a Juan Picos como director da Escola de Enxeñaría Forestal
Por Redacción |
-
Un colexio de Vilanova, campión do programa Recíclate con Sogama
Por Redacción |
-
Sogama promove a reciclaxe con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental
Por Redacción |
-
Sogama promove a reciclaxe a través do fútbol
Por Redacción |