Ponte Cadelas rende a súa homenaxe fiel á Virxe da Saúde
Por Redacción
Romaría con bo tempo, moita xente e, como ingrediente fundamental, a saúde. Así se viviu este domingo no lugar de Rebordelo, en Ponte Caldelas, o día grande en honor á Virxe da Saúde.
Numerosas persoas achegáronse ata Rebordelo para asistir aos actos relixiosos en honor á Virxe da Saúde e, ao remate dos mesmos, gozaron da habitual romaría, moitos apostando pola comida campestre.
Entre os asistentes estaba o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Diaz, que na edición do ano pasado desta festa protagonizou unha rechamante atención a unha muller de 81 anos que se precipitara desde un muro de dous metros.
Este ano a súa presenza na festa non requeríu ningunha asistencia e o alcalde aproveitou para destacar a colaboración do Concello de Ponte Caldelas para acondicionar o recinto da festa e o traballo da brigada municipal cun plan especial de limpeza.