Preto de 3.000 motos roxen en Ponte Caldelas
Por Redacción
Por terceiro ano consecutivo, as motos volveron tomar Ponte Caldelas este sábado e fixérono, ademais, rachando con todas as previsións. As estimacións máis optimistas agardaban máis de 800 motos na III Concentración Moteira da vila, pero finalmente a Policía Local contabilizou preto de 3.000 vehículos de dúas rodas circulando polas rúas do municipio.
Estes datos supoñen un crecemento rechamante con respecto ás anteriores concentracións, pois en 2016 chegaran a Ponte Caldelas unhas 400 motos. Neste aumento de participantes resultou destacado o bo tempo, pois este sábado chegou asollado fronte á choiva que acompañou o evento o ano pasado.
A concentración organizada polo Concello en colaboración co Motoclub de Redondela levou ata Ponte Caldelas afeccionados de toda Galicia, de varios clubs de Portugal e dun grupo de leoneses, así como unha parella chegada da localidade canaria de Arrecife que está de xira por España.
O alcalde, Andrés Díaz, formou parte un ano máis da comitiva e percorreu as rúas de Ponte Caldelas a bordo do seu vehículo.
A terceira concentración moteira de Ponte Caldelas incluíu unha saída organizada e a habitual convivencia entre todos os asistentes, ademais dunha exhibición a cargo do campión galego de quads, Dani Pérez.
Relacionadas:
-
A Concentración Moteira de Ponte Caldelas consolídase na súa quinta edición
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas abrirá o 21 de abril a tempada galega de concentracións moteiras
Por Redacción |
-
As motos regresarán a Ponte Caldelas en abril
Por Redacción |
-
Serán de Regodobargo e concentración moteira para esta fin de semana
Por Redacción |
-
A concentración moteira de Ponte Caldelas estará pendente da choiva
Por Redacción |