O Rei Juan Carlos I, fin de semana en Sanxenxo para recibir a licenza de honra de vela
Por Redacción
Nova fin de semana do rei emérito en Sanxenxo. Juan Carlos I desprazouse á localidade con motivo da segunda regata do circuíto nacional da clase 6M e o secretario de Estado para o Deporte e presidente do Consello Superior de Deportes, José Ramón Lete, entregoulle a licenza de honra de vela.
O Rei Juan Carlos I recibiu a licenza este sábado nun acto no Real Club Náutico de Sanxenxo. Trátase dunha acreditación entregada a través da Federación Galega de Vela e do Real Club Náutico de Sanxenxo que é necesaria para competir en regatas de ámbito rexional, nacional e internacional.
A entrega realizouse xusto antes de iniciarse a reunión de patróns da frota de 6M que durante esta fin de semana disputan en augas de Sanxenxo a segunda regata do circuíto nacional.
Ademais do rei emérito e de Lete Lasa, tamén estiveron presentes no acto a xecretaria xeral para o Deporte da Xunta, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo -club anfitrión do circuíto de 6M-, Pedro Campos; e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz. Tamén acudiu o alcalde anfitrión, Gonzalo Pita.
Relacionadas:
-
Juan Carlos I renuncia a participar na Regata das Illas Atlánticas polos atentados de Cataluña
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A corporación de Sanxenxo cea co rei emérito para celebrar a súa onomástica
Por Oskar Viéitez |
-
O novo barco do rei Juan Carlos botouse en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Volven as regatas a Sanxenxo e con elas o rei emérito
Por Redacción |
-
Juan Carlos I proclámase en Sanxenxo vencedor do Circuíto Nacional de 6M
Por Redacción |
-
Unha fin de semana redonda para Juan Carlos I en Sanxenxo
Por Redacción |