Saen a información pública dous proxectos de senda peonil e ciclista en Vilanova de Arousa
Por Oskar Viéitez
O Diario Oficial de Galicia publica este venres o anuncio polo que se someten a información pública os proxectos de construción unha senda peonil e ciclista na estrada PO-307, concretamente, no treito que une o lugar de Deiro coa ponte da Illa de Arousa, e na PO-549, desde Tarrio a Cores.
Estas actuacións serán cofinanciada pola Xunta con fondos FEDER.
O prazo para a presentación de alegacións abranguerá nos dous casos desde o día 24 deste mes ata o 7 de xuño e contará cun orzamento de case dous millóns de euros.
As expropiacións redactáronse en base á información dispoñible no rexistro do Catastro e atendendo a esta información, veranse afectadas polas obras 177 fincas, aínda que en moitas delas realizarase unicamente unha ocupación temporal durante a fase de obras.
O proxecto define a execución dunha senda para uso peonil e de ciclistas nos tramos situados no Concello de Vilanova de Arousa.