Bueu recorda aos seus veciños que "o teu can di moito de ti"
Por Redacción
Antes de ter mascota é preciso reflexionar sobre se se está preparado para tela. Baixo esa premisa Bueu puxo en marcha unha campaña de concienciación ambiental dirixido aos veciños que teñen animais domésticos.
Esta campaña, que leva por título O teu can di moito de ti, ten como obxectivo concienciar sobre a responsabilidade que teñen todas as persoas donas dun can ou mascota.
Manuel Otero, concelleiro de Medio Ambiente, apuntou que ter un can é unha responsabilidade que entraña unhas rutinas, como a recollida de excrementos nas rúas, a desparasitación, o seguimento das doenzas ou o resto de coidados sobre o animal.
Na rolda de prensa de presentación da campaña, Otero apuntou que a limpeza "é o reflexo da cultura e estética dunha vila". Pero a campaña busca ir máis alá. E por iso se van ditar nas vindeiras semanas unha serie de bandos da alcaldía referentes ao uso das praias e demais espazos públicos, cos que se incidirán nos asuntos relacionados coa hixiene colectiva e o cumprimento das respectivas ordenanzas.
Así mesmo vanse activar os mecanismos sancionadores correspondentes tendo en conta a normativa vixente.
Para relanzar estas medidas e chegar ao obxectivo de "excrementos cero", xa se colocaron unha serie de papeleiras de cor pistacho por diversos lugares da vila, que contan con dispensador de bolsas para excrementos de cans
No caso de que esta campaña non sexa suficiente, o Concello anuncia que se van modificar as ordenanzas para que se teña maior control sobre os responsables das mascotas.
Relacionadas:
-
O Grove recolle en Madrid o segundo premio "Travel Guau" como mellor destino dog-friendly de España
Por Oskar Viéitez |
-
Os animalistas critican que a 'Bandeira Azul' exclúa ás praias accesibles a cans
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu fai un chamamento a manter limpos os espazos públicos "entre todos"
Por Redacción |