2.400 enquisas para mellorar o deseño do Gran Montecelo
Por Redacción
Trátase da primeira vez que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) leva a cabo unha iniciativa deste tipo. Durante máis dun mes recolléronse ao redor de 2.400 enquisas nas que os cidadáns de Pontevedra manifestaron as súas impresións e suxestións para a construción do hospital Gran Montecelo.
Os pacientes puideron ata o 17 de abril emitir as súas opinións a través dos cuestionarios que se atopaban no Hospital Provincial, en Montecelo e no centro de especialidades de Mollabao, ademais da web do Gran Montecelo.
A partir de agora iniciarase un período de análise no que desde a administración vai valorarse con detalle todas e cada unha das propostas e opinións recibidas.
Con esta iniciativa poténciase a participación cidadá para o desenvolvemento do plan funcional desas características e faio co obxectivo de que tanto os pacientes como os usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ofrezan as súas propostas para mellorar o servizo sanitario público na comarca.
Relacionadas:
-
Así será o Gran Montecelo, un hospital que segundo Núñez Feijóo "non ten volta atrás"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Sanidade realizou 95 reunións con grupos de traballo para elaborar o proxecto do Gran Montecelo
Por Redacción |
-
VIDEO.- José Ramón Gómez, o home dialogante escollido para crear o Gran Montecelo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os cidadáns poden participar no deseño do proxecto do Hospital de Montecelo
Por Redacción |
-
SOS Sanidade Pública esixe participar activamente no proxecto do Gran Montecelo
Por Redacción |