"A mellor Semana Santa desde 2010" en ocupación hoteleira
Por Diego Espiño
A provincia de Pontevedra, e as Rías Baixas en particular, desbordaron todas as previsións de ocupación turística durante a pasada Semana Santa, "a mellor Semana Santa desde 2010", recoñeceu a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
Os datos de ocupación hostaleira durante toda a semana igualan aos do pasado verán, ao situarse nun 85,59% de ocupación media (no verán foi de 85,6%) superando en case 16 puntos a media da Semana Santa de 2016.
Por comarcas, O Salnés situouse no 90,5% de camas ocupadas, cifra que "se superou nalgúns sitios como O Grove", explicou Silva. Pola súa banda a comarca de Pontevedra estivo no 91% de ocupación e a de Caldas no 88%.
Os datos son mesmo mellores durante a ponte festiva, de xoves a domingo, onde nalgúns lugares chegouse a poñer o cartel de completo e no resto rozouse o 100%.
"Son uns datos excepcionais que demostran a potencialidade do turismo nas Rías Baixas", valorou a presidenta provincial.
En canto ao turismo rural a media de ocupación superou en 10 puntos á de 2016 cun 70%, deixando escasas as previsións e ascendendo nas comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas por encima do 80% de camas ocupadas.
Todo un reforzo para un sector estratéxico na provincia e que "agardamos siga a liña crecente nos próximo meses", concluíu Carmela Silva.
Relacionadas:
-
Optimistas previsións de ocupación hoteleira para o verán nas Rías Baixas
Por Diego Espiño |
-
Maio tivo case o dobre de ocupación que hai un ano, enchendo o 60% dos hoteis das Rías Baixas
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra superou o 90% de ocupación hoteleira na ponte do primeiro de maio
Por Oskar Viéitez |
-
Rías Baixas estima unha ocupación do 85% en Pontevedra na ponte do 1 de maio
Por Alejandro Espiño |
-
Os hoteis de Poio estiveron ocupados nun 83%
Por Oskar Viéitez |
-
Todos para unha e unha para todos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |