Marea ve "esgotamento" do BNG na remodelación do goberno
Por Redacción
A remodelación do goberno anunciada este xoves polo alcalde é unha mostra clara, segundo Marea, do "esgotamento" do modelo que o BNG puxo en práctica nos últimos anos.
Nun comunicado, Luís Rei asegura que este cambio é consecuencia do "xiro social" que Marea "leva defendendo" desde a súa entrada na corporación e que tivo o seu punto de inflexión na renda social posta en marcha grazas á modificación de crédito apoiada por este partido.
Con todo, moitas das modificacións son cualificadas como un xeito de "parchear as carencias" do goberno, fallas que segundo Marea poderían cubrirse construíndo unha "maioría máis ampla de progreso" para a que "seguiremos tendendo a man en beneficio dos veciños de Pontevedra".
Marea valora positivamente, iso si, que Anxos Riveiro vaia liderar os servizos sociais do Concello, ao entender Luis Rei que é unha das concelleiras "con máis sensibilidade e máis capacidade de traballo" do goberno municipal e abre una "porta á esperanza" para lograr unha xestión "efectiva" nesta materia.
"Agardo que teña éxito nas súas novas tarefas e que poidamos colaborar para solucionar os problemas dunha sociedade con tantas persoas no limiar da pobreza", concluíu Rei.
Relacionadas:
-
O goberno local acusa á oposición de "atrancar" o traballo municipal
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Reestruturar a Casa Azul e máis transparencia na Rede Axuda, "deberes" de Marea para Anxos Riveiro
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira afirma que os cambios no Concello revelan que o "desastre" do goberno municipal "era un clamor"
Por Alejandro Espiño |
-
Remodelación "profunda" do goberno de Lores coincidindo co ecuador do mandato
Por Alejandro Espiño |