Un autobús baleiro acaba nun barranco en Bora
Por Redacción
Un autobús sen condutor nin pasaxeiros da empresa Viúda de Cándido acabou este xoves ao fondo dun barranco nunha zona próxima ao río na parroquia pontevedresa de Bora.
O rechamante accidente produciuse pouco antes das 19.00 horas deste venres á altura do estanco de Bora. O autobús estaba aceso e, por motivos que ata agora se descoñecen, moveuse do lugar no que o seu condutor o deixara e circulou barranco abaixo pola marxe esquerda da estrada N-541 ata acabar nunha finca.
O autobús, que adoita facer servizos de transporte escolar, non sufriu aparentes danos materiais e, ao estar baleiro, tampouco houbo que lamentar danos persoais.
As causas do sinistro aínda non foron aclaradas, pero si cabe apuntar que nesa zona está situada unha nave na que a empresa propietaria do autobús adoita gardar os seus vehículos.