Carmela Silva presume de administración electrónica ante outras deputacións
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacaba este xoves na comisión de deputaciones da Federación Estatal de Municipios e Provincias (FEMP) que a implantación da administración electrónica conleva un aforro nos concursos agrupados de compra de material superiores ao 50% aos prezos de mercado. A institución provincial traballa, por unha banda, coas aplicacións informáticas e os soportes e, doutra banda, co sistema de telecomunicacións.
A Deputación pon a disposición dos concellos unha serie de ferramentas informáticas para a xestión do seu traballo diario e ademais os técnicos provinciais están a formar a funcionarios destes concellos xestionando o cambio aos novos programas para dar soporte técnico. Na actualidade trabállase en 21 concellos.
A previsión para os próximos dous anos será a compra agregada de almacenamento na nube, backup e correo electrónico. Implantaranse os servizos de control horario, contabilidade e os servizos de xestión de nóminas e recursos humanos.
Os principais problemas que se atopan os técnicos, segundo Carmela Silva, céntranse nas carencias técnicas dos equipos informáticos, que nalgúns casos atópanse obsoletos e tamén a xestión do cambio con necesidades de formación con xornadas de reforzo ou a formación de novos técnicos.
Relacionadas:
-
A administración electrónica chegará a 55 concellos da provincia
Por Redacción |
-
Barro estrea a súa sede electrónica
Por Redacción |
-
Portas estreará a administración electrónica o 9 de febreiro
Por Redacción |
-
Primeiros pasos de Poio para sumarse á administración electrónica
Por Redacción |
-
A administración electrónica dos pequeños concellos 'vai a conta' da Deputación
Por Redacción |