A lingua, protagonista do terceiro maratón fotográfico de Pontevedra
Por Redacción
Saca a lingua. Baixo ese título, Pontevedra acollerá o próximo sábado 13 de maio a terceira edición do seu maratón fotográfico.
Os participantes terán que fotografar tres temáticas que se desvelarán o mesmo día do maratón e que, nesta ocasión, estarán vencelladas á lingua galega.
Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos ata completar o aforo, que nesta edición se amplía ata os 80 participantes dado o éxito de convocatoria de anos anteriores.
Como novidade, incorporase a categoría familia, onde poderán participar nenos de entre 6 e 13 anos (ambos inclusive) acompañados por un adulto. Todos os participantes deberán facer entrega de unha fotografía por cada unha das temáticas para poder optar a cada un dos premios que serán outorgados.
Un xurado formado por profesionais da imaxe, da arte e da cultura será o encargado de decidir catro das cinco categorías de premios: mellor fotografía do maratón e os gañadores de cada unha das temáticas propostas.
O quinto premio será outorgado polo público que poderá votar pola súa imaxe favorita na Casa da Luz durante a exposición que terá lugar entre o 25 de maio e o 16 de xuño.
As inscricións xa se poden ata o domingo 7 de maio no enderezo electrónico maratonfotograficopo@gmail.com, indicando os datos persoais e de contacto de cada un dos participantes.