A procesión do Viático provoca peches de rúas ao tráfico
Por Redacción
Con motivo da actividade relixiosa denominada Viático, organizada polo Gremio de Mareantes, o sábado 22 a partir das 15 horas ata as 12 horas do domingo día 23 de abril pechan o tráfico as seguintes rúas por realización de alfombras florais: San Guillerme, Jofre de Tenorio e Irmáns Nodales, Campo da Torre e Juan Villaverde.
Do mesmo xeito prohíbese o estacionamento de vehículos, a partir das 15 horas do sábado ata as 12:00 do domingo, nestas mesmas rúas.
A procesión do Viático terá lugar o domingo a partir das dez da mañá.
Sairá de Arcebispo Malvar (dende escalinatas Basílica Santa María) e pasará por San Guillerme, Jofre de Tenorio, Concepción Arenal, Alfonso XIII, Paseo de Colón, Monteleón, Almirante Matos, Campo da Torre, Juan Villaverde, Irmáns Nodales e Capela de San Roque.
O paso da procesión provocará peches e desvíos de tráfico. A Policia Local tratará de restablecer o tráfico a medida que pase a procesión.