Elena Azebedo Dasilva amosa as súas pinturas no Museo Manuel Torres
Por Redacción
A artista Elena Azebedo Dasilva expón ata o 30 de abril unha mostra pictórica no Museo Manuel Torres de Marín con algúns dos seus mellores traballos.
A pintora de Marín ofrece nesta exposición dez obras de temática diversa na que prima a cor e o volume nas composicións. Entre as creacións destaca 'La Diosa Medusa', o seu cadro preferido, onde recolle sentimentos intensos que se prolongan desde a dozura da mirada ata a agresividade das serpes.
O acto de inauguración contou coa asistencia de numeroso público e da concelleira de Cultura do Concello de Marín, María José de Pazo.