A Festa da Troita xa ten cartel para a súa 51 edición
Por Redacción
A proposta presentada por Patricia Ricón Rodríguez, que leva por título Ponte Caldelas é parte de ti, foi a gañadora do concurso convocado no municipio para buscar o cartel que dará imaxe á 51 edición da Festa da Troita, o seu evento gastronómico máis recoñecido.
O cartel gañador, que une na mesma imaxe a escultura do pescador e a da troita, supón un premio de 400 euros.
No que atinxe ao concurso de fotografía, o primeiro premio foi para a imaxe de Iago Manuel Souto Lorenzo "As sequoias perdidas"; o segundo para "Paz sen fin", de Rosa María Rodríguez Fortes e o terceiro para "Por la boca muere el pez", de Paula Marzoa Vidales.
Os autores das tres fotografías recibirán 300, 200 e 100 euros, respectivamente.
Os gañadores foron escollidos nunha votación entre a veciñanza, a partir das mellores propostas presentadas, seleccionadas previamente por un xurado cualificador.
Pola súa banda, o concurso de Redacción entre os alumnos dos colexios Cordo Boullosa e A Reigosa dilucidarase polos mestres, que serán os encargados de valorar os traballos presentados. Participaron alumnos de 5º e 6º de Primaria. Os primeiros clasificados recibirán o agasallo dunha tableta electrónica.
Relacionadas:
-
A Festa da Troita serviu 6.500 racións durante todo o mes, 3.000 esta fin de semana
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas quenta motores para a Festa da Troita e degusta mil racións nas parroquias
Por Redacción |
-
Un pescador captura unha troita de tres quilos no río Verdugo
Por Redacción |
-
Ofertas en comercios e actividades infantís para celebrar o Día da Nai en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Unha concentración cabalar preludiará a Festa da Troita
Por Redacción |
-
As primeiras 500 tapas da Festa da Troita terán pincho de balde
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a exposición dos traballos finalistas do concurso de carteis e fotografías da Festa da Troita
Por Redacción |
-
A xira promocional da Festa da Troita polas parroquias contará con 25 paradas
Por Redacción |
-
A Festa da Troita busca o seu cartel para este ano
Por Redacción |