"Para ter un can, primeiro hai que ter responsabilidade"
Por Redacción
Coa intención de dar visibilidade e sobre todo concienciar aos donos dos cans que aínda non respectan o entorno e non cumpren coa ordenanza de tenenza de animais, dende o Concello colocaron uns cubos disuasorios e de información.
O obxectivo é que eses donos que non recollen os excrementos, que levan os cans soltos ou sen bozo sendo obrigatorio pola súa raza, ou sen microchip, entendan que esa actitude repercute en todos os veciños e na propia imaxe da vila.
Por eso insístese dende o Concello en que "para ter un can, primeiro hai que ter responsabilidade", para non manchar as rúas, para non provocar lesións noutros veciños ou para que se o can se perde e ten o microchip sexa fácil a localización do seu dono.
A Policía Local paralelamente realizou 161 controis, co obxectivo de informar, pedir colaboración e expoñer as obrigas dos donos para a mellorar a convivencia en espazos públicos, sobre todo os que son frecuentados por nenos e maiores. No control feito pola Policía Local durante unha serie de días, percíbese como a maioría dos donos son responsables.
Estos módulos informativos desprazaranse do parque Eguren á zona de xogos da avenida de Ourense, zona tamén moi frecuentada.
Relacionadas:
-
Os animalistas reclaman datos sobre a redacción da ordenanza de protección animal
Por Redacción |
-
Bueu fai un chamamento a manter limpos os espazos públicos "entre todos"
Por Redacción |
-
Reclaman un laceiro para recoller os cans abandonados nas rúas de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os Palleiros lanza unha advertencia: xa non ten espazo para un can máis
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Aparecen varios cans mortos en Ponte Caldelas con brutais signos de violencia
Por Redacción |