Portas organiza unha ponte festiva coincidindo co 1 de maio
Por Oskar Viéitez
Portas acolle a última fin de semana do mes de abril un amplo programa festivo coa segunda edición da festa Portas Xoven, no recinto da Azucareira.
Os actos arrincarán o venres 28 de abril co primeiro día da festa da mocidade, onde haberá unha verbena amenizada polas orquestras Panorama e Pontevedra. Para finalizar actuará a discoteca móbil CDC. A substitución no recinto da A Azucareira tomarano ao día seguinte orquestras Costa Oeste e Alkar.
Os nenos serán os protagonistas do domingo día 30, coincidindo coa Festa dos callos, con menús a 15 euros.
Aproveitando o festivo do 1 de maio haberá unha "hiperfeira" durante todo o día, segundo informan desde a comisión de festas.