Éxito de participación na andaina solidaria por montes e praias de Marín
Por Redacción
A cuarta edición da Andaina Montes e Praias de Marín resultou este domingo 16 de abril todo un éxito de participación.
Máis de 400 persoas partiron á primeira hora da mañá desde a Alameda para completar o percorrido, que podía de ser de 25 ou de 15 quilómetros en función da elección de cada participante.
A marcha estaba organizada polo Club Ciclista Marín en colaboración do Concello dentro da programación do ciclo de marchas histórico-artísticas.
Aínda que a inscrición era de balde solicitábase un donativo de 2 euros en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro, organización á que irá destinada integramente a recadación.