Sae ileso dun accidente co seu tractor tras caer ao chan e rodar costa abaixo
Por Redacción
Os accidentes con tractor son habitualmente aparatosos e en moitas ocasións levan consigo consecuencias graves, pero o ocorrido este sábado en Poio quedou afortunadamente nun grande susto.
Un home de 50 anos resultou ileso tras caer do vehículo e saír rodando costa abaixo no momento no que unha posible avaría fixo envorcar ao vehículo tras el.
O suceso se produco minutos despois das 14:00 horas no Camiño de Poio de Arriba, segundo explicaron fontes da Policía Local.
O tractor agrícola, cunha antigüidade aproximada de 30 anos, nunca pasara a inspección técnica (ITV). Por ese motivo desde a Policía Local aproveitaron a ocasión para lembrar a posibilidade de pasar a ITV nas estacións móbiles que se irán desprazando aos diferentes núcleos rurais.
No caso dos vehículos agrícolas, os de menos de oito anos de antigüidade están exentos de pasar a inspección, mentres que os de menos de 16 deben facelo cada dous anos e os que superen eses anos deben someterse a unha revisión anual.
A documentación necesaria para pasar a ITV é o permiso de circulación, o cartón de inspección técnica ou certificado de características do tractor ou vehículo, o seguro obrigatorio e a cartilla de inscrición agrícola.