Poio ofrécese á Xunta a pagar as expropiacións que permitan mellorar a seguridade viaria en Raxó e Covelo
Por Diego Espiño
Novo capítulo na polémica aberta pola seguridade viaria na PO-308 ao seu paso polo Concello de Poio, recrudecida tras o atropelo mortal dun ciclista o pasado domingo e especialmente tras as duras declaracións da alcaldesa en funcións, Chelo Besada respostadas polo voceiro popular, Ángel Moldes
Precisamente Besada, apoiada polo alcalde de Ponte Caldelas, o tamén socialista Andrés Díaz, confirmou este sábado o seu ofrecemento á Xunta de Galicia de custear con fondos municipais a expropiacións necesarias para levar adiante o proxecto previsto en Raxó e Covelo, onde se instalarían beirarrúas para facilitar o tránsito peonil.
A semellanza de Ponte Caldelas, Poio presentará un convenio á administración autonómica na que oficializará tal ofrecemento, á espera do que decida a Xunta como titular da vía. "Agora mesmo non é cuestión de cartos, é cuestión de seguridade e de tratar de evitar que siga habendo accidentes como os que desgraciadamente estamos tendo", sinalou a alcaldesa en funcións, que pedirá ademais formalmente unha reunión coa titular de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, para tratar o que ven como "discriminación" cara ao municipio.
"Este convenio simplemente di que como ao Partido Popular non lle preocupa a seguridade viaria e pon a excusa de poñer a disposición os terreos cando sabe que é imposible, o Concello de Ponte Caldelas e neste caso tamén o de Poio pagaría as expropiacións porque nos preocupa a seguridade dos veciños", engadiu á súa vez Andrés Díaz comparando o demandado proxecto de reforma na PO-308 co prometido na estrada de Laxoso.
Díaz foi máis duro mesmo ao preguntar "canto custa para o Partido Popular un accidente, un morto ou un ferido?" antes de situar en 40.000 euros o investimento necesario para cumplimentar estes trámites en Ponte Caldelas e "un pouco máis" no caso de Poio.
En canto ao cruzamento de declaracións aberto co portavoz do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, "prodúceme tristeza que o que pretende ser o futuro alcalde de Poio estea sempre ao lado de seu partido e non dos veciños", resolveu Chelo Besada ante os xornalistas.
Relacionadas:
-
Ángel Moldes cre que o bipartito de Poio "ten que pedir perdón a moita xente" en relación coa PO-308
Por Redacción |
-
A Xunta acepta a proposta de Poio e expropiará os terreos para construír a senda peonil e ciclista na PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local denuncia o boicot da Xunta a Poio
Por Oskar Viéitez |
-
No día mundial da bicicleta, o ciclismo en Pontevedra está de loito
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Moldes pide á Xunta que rexeite a oferta de Poio de pagar as expropiacións na PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
O PP tilda de "falsas, desafortunadas e fóra de lugar" as críticas de Chelo Besada sobre a PO-308
Por Redacción |
-
"A Xunta ten unha débeda histórica con Poio e os seus intereses, desgraciadamente, páganse con mortos"
Por Oskar Viéitez |
-
Investigan por homicidio imprudente o autor do atropelo a un ciclista en Poio e piden revisar o seu psicotécnico
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Os ciclistas recordan que "levamos anos" denunciando o perigo da PO-308 e foron "ignorados"
Por Redacción |
-
Morre atropelado en Covelo un ciclista de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |