Así soa o pasodobre ao novilleiro pontevedrés "Barquerito"
Por Marisa Ciordia
Aproximadamente un século despois de ser composto, o pasodobre "Barquerito" do mestre Juan Serrano Marqués volvía soar en Pontevedra. A peza orixinal fora adaptada para piano e o pasado 7 de abril era a Banda I do Conservatorio Profesional de Pontevedra a que o interpretaba. Isto foi posible grazas á curiosidade e empeño do pontevedrés Juan Parra e a colaboración do centro.
En febreiro do ano pasado Parra localizaba a partitura na Biblioteca Nacional e puxo en mans de Sergio Heredia, profesor de violín o achado. O seu interese levouno a pasarllo á súa vez ao profesor de piano, Miguel Fontenla e finalmente expúxose a iniciativa de que fose reestreado por alumnos do conservatorio.
O compositor, Juan Serrano Marqués foi lucense de nacemento, pero a súa traxectoria profesional desenvolveuse fundamentalmente en Pontevedra. Cohetáneo de Manuel Escudeiro "Barquerito", novilleiro pontevedrés de principios do século pasado, puido escoitar na praza de touros de San Roque, o pasodobre que Serrano lle dedicou.
Descendentes de "Barquerito" estiveron presentes e emocionados na reestrea da peza; do mesmo xeito que o propio Juan Parra.
A Banda I do Conservatorio Manuel Quiroga, que interpretou o pasodobre, está composta por 70 alumnos de primeiro, segundo e terceiro curso Profesional. Intégrana clarinetes, fagots, trompetas, tubas, bombardinos, frautas, trompas, percusión, chelos, oboes, saxos e contrabaixos, baixo a batuta do director Iago Lariño. Así soaba este "Barquerito".
Relacionadas:
-
"Barquerito" sumarase aos dous carteis restantes da Feira da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- "Tanto o mestre Juan Serrano como "Barquerito" ben merecerían o nome dunha rúa en Pontevedra"
Por Marisa Ciordia |
-
Recuperan o pasodobre "Barquerito" do compositor pontevedrés Juan Serrano Marqués
Por Redacción |