Detectan as primeiras manchas de mildeu en viñas de Cambados e Barrantes
Por Redacción
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, detectou as primeiras manchas de mildiu tanto en leiras privadas como en viñas propias de seguimento en diferentes puntos da provincia.
Ante a aparición desta praga, os técnicos aconsellan realizar os tratamentos canto antes, sobre todo se non é posible revisar o viñedo. Despois de Semana Santa existen posibilidades de precipitacións que agravarían a situación.
As primeiras manchas desta enfermidade apareceron este ano nunha viña do Concello de Cambados nas últimas horas e os síntomas foron detectados nas leiras de seguimento de Barrantes e noutra viña de Areeiro. As manchas xurdiron debido a que nos últimos días veñen recollendo temperaturas medias da orde de 10-12 graos xunto á humidade foliar.
Os técnicos alertan de que é recomendable aplicar o tratamento canto máis receptiva sexa a viña, cando os brotes sexan máis longos. Tamén, a técnica Rosa Pérez recomenda controlar a vexetación estraña da viña e lembra que a aireación é fundamental.
Tamén é bo momento, segundo apuntan, para instalar as trampas de feromonas para o seguimento das poboacións de larvas de coleópteros dos acios. O mesmo sucede coas maceiras naquelas parcelas onde a maioría das plantas atópanse en floración ou iniciando o desenvolvemento do froito.
Desde o Areeiro indican que é preciso instalar trampas para as diferentes moscas que afectan as cerdeiras, neste momento de finalización da floración e do comezo da fase de crecemento dos froitos. As larvas de Drosophila suzukii poden danar as cereixas, ademais de froitos como a uva, o kiwi, o pexego e a frase.
Por outra banda, sinálase que a presenza de eirugas de Operophtera brumata que están a aparecer en diferentes carballeiras da provincia, da mesma forma que ocorreu no mes de abril dos dous últimos anos.