Os alumnos do EmpregaMarín trasladan os seus coñecementos do pupitre á cociña
Por Redacción
Desde mediados do mes de marzo o alumnado que participou no curso de operacións básicas de cociña, acción formativa encadrada no marco do programa integrado de emprego EmpregaMarín III, está a levar a cabo o seu período de prácticas non laborais en establecementos de hostelería de Marín e Pontevedra.
As prácticas non laborais supoñen unha experiencia moi gratificante para desenvolver os coñecementos teóricos adquiridos ao longo do curso, coma o aprovisionamento, preelaboración e conservación de produtos culinarios; aplicación das condicións hixiénico-sanitarias na restauración; elaboracións básicas na cociña e asistencia aos xefes de cociña; ou elaboración de pratos combinados e petiscos.
Desde o Concello de Marín trasladaron o seu agradecemento a todas as empresas do sector hosteleiro que, de xeito desinteresado, brindáronse a colaborar acollendo nos seus centros de traballo ao alumnado do programa integrado de emprego: Boa Mestura, A Lonja Vella, Bagos, Borona, e O Souto.
A finalidade última do Empregamarín III é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral, e despois da finalización das prácticas as tarefas fundamentais por parte dos técnicos do programa centraranse na prospección de empresas, a intermediación laboral e a preparación individual de curriculums e entrevistas de traballo, así como o desenvolvemento da formación complementaria prevista para a mellora da empregabilidade dos participantes no programa.
Relacionadas:
-
Catorce establecementos participan esta fin de semana no certame Marín Pincho a Pincho
Por Redacción |
-
Haberá unha nova edición do programa de inserción laboral EmpregaMarín
Por Redacción |
-
400 persoas pasaron polo Servizo de Orientación Laboral de Marín en 2016
Por Redacción |
-
Sesenta persoas participan nunha nova edición do programa EmpregaMarín
Por Redacción |