O pavillón da Raña poderá acoller a máis público tras o verán
Por Redacción
O pavillón da Raña, a instalación deportiva municipal con maior actividade deportiva durante todo o ano no municipio de Marín, cambiará de aspecto durante o próximo verán grazas a unha serie de obras que se acometerán con fondos municipais incluídos no próximo orzamento municipal 2017.
A actuación consistirá basicamente no incremento de aforamento e no aumento de pista parquet.
Por unha banda, as actuais bancadas móbiles, que contan cunha antigüidade de 25 anos, serán sustituídas por outras novas, motorizadas.
Así mesmo, colocaranse novas bancadas, tamén motorizadas no fondo do marcador. Estas bancadas novas contarán cun corredor que comunique coa primeira e segunda planta do pavillón, así como cunha nova porta de acceso (á vez porta de emerxencia) á instalación situada na parte da actual pista de tenis.
En canto ao incremento de superficie practicable, colocarase parquet nas zonas nas que actualmente non ten, mesmo por baixo das bancadas. O parquet actual será lijado, vernizado e pintado para igualalo á nova colocación de parquet.
Con este incremento de superficie, a instalación contará cunha pista de baloncesto e pista de fútbol sala (que se centrará con respecto ás bancadas) e tres pistas transversais de minibasket, ademais de zonas laterais que permitirán máis espazo dispoñible para a práctica deportiva.
A actuación ascenderá ao redor dos 240.000 euros e está prevista a súa execución para este verán, de cara o inicio da próxima tempada.
Relacionadas:
-
As obras de reforma do pavillón da Raña comezarán en setembro
Por Oskar Viéitez |
-
Aprobado o proxecto de remodelación do pavillón da Raña
Por Oskar Viéitez |
-
Acometen o asfaltado da contorna do pavillón da Raña
Por Oskar Viéitez |
-
Marín pecha un orzamento de 13 millóns de euros para 2017
Por Redacción |