Estudan a apertura dun viario entre as rúas República Arxentina e Inferniño
Por Oskar Viéitez
O equipo de goberno, a través da área de urbanismo, estivo dando pasos para levar a cabo a apertura dun viario previsto no plan, que pode executar directamente polo propio concello.
Para iso, quedou previsto no orzamento municipal de 2016 e neste proxecto de 2017, para executalo a través das expropiacións, cuxa partida orzamentaria está contemplada.
A súa execución require dun estudo de detalle xa que neste viario non existen peches nin edificacións que permitan marcar as aliñacións. O estudo xa foi encargado e que está pendente de iniciar a súa tramitación.
Trátase dunha rúa que desconxestiona unha zona importante e que pode ser efectiva sen que a colaboración de particulares para desenvolvela sexa imprescindible. Esta rúa tan só está executada nunha terceira parte, que arranca desde a rúa República Arxentina e prevese a súa execución total.
A zona está clasificada como chan urbano consolidado e cualificado como de uso residencial xenérico.
POSTA A PUNTO DO PASEO ALCALDE BLANCO
Aproveitando o bo tempo estes días, tamén está a procederse posta a punto do paseo Alcalde Blanco. Algúns dos elementos presentan deterioración polo uso intensivo ao que se someten, ao paso do inverno e á súa proximidade ao mar.