Unha foto dun incendio en Cotobade, 'fotografía do ano' para un prestixioso premio de Portugal
Por Alejandro Espiño
Cada verán, Galicia e Portugal ven como arden os seus montes. Ambas as rexións adoitan ser as máis castigadas polos incendios forestais, lumes que gran parte deles son provocados polo ser humano e comezan moi preto de núcleos poboados.
Iso foi o que ocorreu o pasado mes de agosto en Cotobade, cun dos incendios máis virulentos que se lembran na comarca. Alí vivíronse momentos dramáticos, recollidos no seu día polos fotoxornalistas que tomaron a súa cámara e acudiron a documentar o suceso.
Un deles, o vigués Felipe Carnotto, acaba de recibir un prestixioso premio por unha desas imaxes. Foi elixida como a Fotografía do Ano nos galardóns Estação Imagem, os únicos premios que se conceden en Portugal sobre fotoxornalista e imaxe documental.
A fotografía premiada retrata o drama dos incendios estivais e o sobresalto que xera nas poboacións afectadas. Nela, vese a unha muller maior que está a ser auxiliada para fuxir do lume que se aproximaba á súa vivenda. Quen a sostén da man e trata de afastala do perigo é a concelleira do BNG en Pontevedra, Anabel Gulías.
A foto foi tomada no Salgueiral (Bora), cara onde se extendeu o incendio de Cotobade.
"Estoy muy contento por el premio", explica Carnotto a PontevedraViva. A súa participación nos premios Estação Imagem foi unha casualidade. "Me comentó un amigo que se celebraban muy cerca de aquí, en Viana do Castelo, y mandé la foto", lembra. "Cuando me llamaron para decirme que había ganado no podía creérmelo".
A fotografía fixéraa oito meses atrás. Todo comezou cando, tras decatarse do virulento incendio que arrasaba os montes de Cotobade, decidiu facer o que mellor sabe: documentalo graficamente. Puxo Cotobade no seu GPS e, previo paso por Mondariz -onde o aparello levoulle por erro-, acabou moi preto do lume. "Me metí por unos caminos y de repente me topé con una columna de humo muy grande".
"Los bomberos no daban abasto", lembra daquel día. Os veciños "tenían miedo" porque o lume ameazaba as súas casas e el non dubidou en sacar a súa cámara e empezar a facer fotos. Así chegou a instantánea que lle fixo gañar o premio. "Vi a una chica que estaba ayudando a una mujer a alejarse del fuego y ella se resistía porque no quería dejar su casa", explica sobre a fotografía, onde se ve que o lume estaba a piques de chegar mesmo ata un coche. Non soubo ata máis tarde que esa moza era Anabel Gulías.
Este profesional, especializado en fotografía documental, traballa como freelance e asegura que este recoñecemento "me viene genial para otros trabajos". Sobre todo, polo prestixio que proporciona, xa que o xurado estaba formado, entre outros, polo director da axencia France-Presse ou fotoxornalistas que traballan habitualmente para National Geographic, The New York Times ou a axenda NOOR.
Tamén axudará a dotación económica do premio. Así, o seu próximo proxecto levaralle a Turquía e "tiraré del dinero que he ganado" para sufragar a súa estancia. Alí, pretende centrarse en reflectir o drama dos refuxiados que escapan de Siria e, ao mesmo tempo, "plasmar la situación de la mujer" no Kurdistán, onde existe un batallón de guerra feminino que se converteu no pesadelo do Estado Islámico.
Seguro que, moi pronto, veremos as imaxes que Felipe Carnotto rexistrará nesta nova aventura profesional e persoal.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Javier Cervera-Mercadillo, premio Galicia en Foco como mellor foto do ano
Por Alejandro Espiño |
-
"O lume viña e, por onde pasaba, devoraba todo"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Noite en vela por culpa dos incendios
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O lume de Cotobade pasa a Pontevedra e mantén en alerta as parroquias de Bora e Marcón
Por Redacción & Cristina Saiz & Diego Torrado |