Falece Carme Chacón, a primeira ministra de Defensa que visitou Pontevedra
Por Redacción
Consternación na política nacional. A socialista Carme Chacón, a primeira muller que se puxo á fronte do Ministerio de Defensa, faleceu este domingo no seu domicilio de Madrid aos 46 anos de idade.
Chacón, unha das referencias do PSOE catalán, foi achada morta por unha amiga que acudiu á súa casa tras non saber nada dela nas últimas horas. A exministra, segundo confirmaron fontes policiais, padecía dunha cardiopatía.
A socialista apartouse da primeira liña política hai apenas un ano, cando abandonou a súa acta de deputada no Congreso e renunciou a presentarse ás eleccións de xuño de 2016. Optou por incorporarse a traballar nun bufete de avogados de Madrid.
A súa traxectoria despegou, sen dúbida, da man de José Luis Rodríguez Zapatero. Tras a vitoria do líder socialista en 2004 converteuse en vicepresidenta do Congreso e, tres anos despois, foi nomeada ministra de Vivenda. Pero maior relevancia adquiriu tras converterse en 2008 na primeira muller ministra de Defensa, cargo que desempeñou ata decembro de 2011.
Esta faceta foi, precisamente, a que lle trouxo a Pontevedra en varias ocasións.
A primeira visita oficial foi apenas dous meses despois de chegar ao cargo. Acudiu á base da Brilat en Figueirido para supervisar o traballo que a brigada comezaba a realizar entón, en colaboración coa Xunta de Galicia, para loitar contras os incendios forestais.
Varios meses despois, a propia Chacón desprazouse a Afganistán para acompañar a repatriación do corpo dos dous soldados da Brilat que perderan a vida nun atentado suicida cometido en Herat, durante unha das misións da brigada en Oriente Medio. Tamén estivo no funeral oficiado no cuartel pontevedrés.
Como ministra de Defensa tamén acudiu á Escola Naval con motivo da tradicional entrega de despachos que anualmente se celebra con motivo da festividade do Carmen. Foi en 2009. Pero, sen dúbida, en Marín lémbraselle porque foi quen tomou a decisión de suprimir a misa que acompañaba a estes actos oficiais.
As mostras de condolencia pola súa morte tamén se trasladaron desde a escena política pontevedresa.
Mi más sentido pésame a la familia, amigos y compañeros de Carme Chacón, gran política con sentido de Estado. MR
— Mariano Rajoy Brey (@marianorajoy) 9 de abril de 2017
Quiero trasladar a la familia de Carme Chacón mi más profundo pesar por su pérdida. Fue una política valiente y entregada.
— Ana Pastor Julian (@anapastorjulian) 9 de abril de 2017
A nosa dor polo falecemento de #CarmeChacón muller que abriu tantas portas ás mulleres. O noso agarimo para a súa família e amig@s
— DeputaciónPontevedra (@depo_es) 9 de abril de 2017
Muy afectada por la muerte de Carmen Chacón!!! Un gran disgusto!!!!
— Carmela Silva (@carmelasilva) 9 de abril de 2017
Moi triste que se pare un corazón con 46 anos. Pésame aos seus, persoais e políticos de Carme Chacón.
— Ana Miranda (@anamirandapaz) 9 de abril de 2017