Bueu fai un chamamento a manter limpos os espazos públicos "entre todos"
Por Redacción
O Concello de Bueu vai a poñer en marcha unha campaña de concienciación ambiental coa que buscan facer un chamamento a todos os veciños para que contribúan a que os espazos públicos do municipio se manteñan limpos "entre todos", ao considerar que son "a nosa cara máis visible".
A campaña incluirá a colocación de diversos paneis con información sobre a necesaria recollida dos excrementos dos cans e das mascotas que habitualmente pasean polas rúas. É esta unha medida para facer fronte á grande sucidade que se alertou en varios puntos da vila, nos que se concentran as deposicións animais.
Ao mesmo tempo, o goberno municipal deu a orde de repoñer papeleiras en diversas zonas do centro urbano da vila.
En total, vanse colocar un cento de papeleiras normais e dez con opción de expendedor de bolsas para excrementos de cans.
As papeleiras, que supoñen un orzamento de máis de 8.000 euros con cargo a fondos municipais, son de modelo cibeles, que destaca polas múltiples funcionalidades, como son a limitación da formación de lixo, as restricións na entrada de auga, a resistencia aos golpes, o seu mantemento e baleirado, a accesibilidade e a súa fácil instalación.
Relacionadas:
-
Bueu recorda aos seus veciños que "o teu can di moito de ti"
Por Redacción |
-
"Para ter un can, primeiro hai que ter responsabilidade"
Por Redacción |
-
Bueu acondicionará as zonas verdes coa colaboración dos técnicos do Areeiro
Por Redacción |
-
Un grupo de mergulladores limpará o fondo mariño do porto de Bueu
Por Redacción |