Condenan a seis anos e medio ao receptor dun envío postal de seis quilos de cocaína
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra condenou a seis anos e medio de prisión, ademais do pago dunha multa de 277.000 euros, a un home xulgado por un delito de tráfico de drogas.
Os maxistrados consideran probado que o acusado, Jaime M. G., recibiu un envío postal procedente de Miami con seis quilos de cocaína. Chegoulle vía aérea, ao seu nome, ao aeroporto de Barajas, en Madrid.
A sentenza declara feitos probados que a empresa de transportes UPS enviou os paquetes a unha nave de Mos. A Policía coñecía da existencia da droga e montou un dispositivo para seguir a cocaína ata o seu destino final.
Durante o xuízo o procesado asegurou que descoñecía o contido do paquete e sinalou que o se limitaba a recoller e transportar o envío para outra persoa.