O Grove estrea o seu "centoloseto"
Por Redacción
A rotonda do Mariscador do Corgo no Concello do Grove estrea o seu novo redeseño creado polo arquitecto paisaxista Xosé Souto. Á presentación do "centoloseto" asistiron o alcalde José Cacabelos e o concelleiro Javier Caneda, que acompañaron aos alumnos do obradoiro de xardinería.
Os membros do Obradoiro levaron a cabo un plan de xardinería de grande envergadura que supuxo para eles non só a experiencia de realizar un proxecto ambicioso se non que implicou esforzo, adicación e compromiso pola súa parte ao realizar un traballo profesional destas dimensións.
Este proxecto é o primeiro que se realiza no Concello do Grove seguindo o plan da economía circular dos residuos.
Isto é que o primeiro substrato do centro comunitario de compostaxe de Terra de Porto empregouse para o rediseño paisaxístico da glorieta dándolle volume para realzar a escultura da familia mariñeira e na estrutura que conforma a centola vexetal situada ao seu pé.