Novo servizo de Pediatría no Quirónsalud Miguel Domínguez cos doutores Ramiro Blanco e Mónica Camaño
Por Redacción
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez puxo en marcha o novo servizo de Pediatría que contará coa ampla experiencia dos pediatras Ramiro Blanco, coordinador do servizo, e Mónica Camaño. O novo servizo dispón dunha área pediátrica singular deseñada co concepto de Diverhospital, composto por sala de espera e dúas consultas que se sitúa na zona de consultas externas do hospital.
O servizo de Pediatría do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez prestará unha atención integral de coidado da saúde dos nenos de 0 a 14 anos, de forma ambulatoria ou sen ingreso. Ademais da detección e coidado das principais enfermidades que afectan os nenos, actuará tamén como promotor de hábitos de vida saudable nos nenos para asuntos como a hixiene persoal ou a alimentación equilibrada, entre outros.
"En idades temperás podemos introducir hábitos de vida saudable nos nenos que, ao longo da súa vida, promoverán un bo estado de saúde e poden evitar enfermidades. Ese labor podémola facer conxuntamente pais e pediatras desde a consulta", explica Ramiro Blanco.
A atención integral ao paciente pediátrico require do esforzo coordinado de moitos profesionais. Por iso, este servizo traballará en estreita colaboración co resto das especialidades médicas que ofrece a contorna hospitalaria e o equipo de enfermería, co obxectivo de que os nenos poidan beneficiarse do coñecemento e a experiencia de varios profesionais.
"Ademais, temos á nosa disposición unha contorna hospitalaria coa tecnoloxía necesaria para a realización de probas de diagnóstico que nos permitirá realizar un diagnóstico rápido e eficaz co menor trastorno para as familias", sinala a doutora Camaño.
Doutor Ramiro Blanco Montero
Ramiro Blanco Montero é Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade Central de Venezuela, realizou a especialidade en Pediatría e as súas Áreas Específicas no Hospital Clínico Universitario da Coruña.
Desde o 2003 e, durante cinco anos, foi médico adxunto da Unidade de Alerxia e Inmunología Clínica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Durante o 2008 traballou como médico adxunto do Servizo de Pediatría de Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide, Ferrol.
Actualmente, é coordinador do Servizo de Pediatría Paidos do Hospital Quirónsalud A Coruña.
O doutor Blanco é membro da Asociación Española de Pediatría (AEP), a Sociedade de Pediatría de Galicia (SOPEGA), a Sociedade Española de Pneumoloxía Pediátrica (SENP) e da Sociedade Española de Inmunología Clínica e Alerxia Pediátrica (SEICAP).
Doutora Mónica Camaño González
Mónica Camaño González é Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e especialista en Pediatría. Realizou o MIR no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Conta con case 10 anos de experiencia na atención pediátrica.
Ao longo da súa carreira profesional exerceu como médico pediatra en diversas localidades de Galicia, entre elas, o Salnés e Pontevedra.
Ademais, realizou investigacións sobre a enfermidade celíaca na poboación infanto-xuvenil e participou en ensaios clínicos sobre o VSR en nenos con cardiopatía congénita (NUMAX tm).
Diverhospital
O novo servizo de Pediatría está deseñado co concepto de Diverhospital, un proxecto do Grupo Quirónsalud que busca crear unha contorna lúdica e interactiva cos nenos para que perciban aos hospitais e aos centros de saúde como lugares amables e interesantes.
Así, promóvese a interacción cos profesionais para conseguir a complicidade dos menores no coidado da saúde.
Relacionadas:
-
Escolares de Marcón, así traballa un pediatra
Por Redacción |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez combina Pediatría e Diverhospital
Por Noticia patrocinada |
-
300 especialistas en traumatoloxía deportiva xuntaranse en maio en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
María Jesús Álvarez dirixirá o novo servizo de Cirurxía Plástica de Quirónsalud Miguel Domínguez
Por Redacción |
-
Os centros sanitarios de Quirónsalud Pontevedra implantan a súa nova imaxe corporativa
Por Redacción |
-
O doutor Emilio Rodríguez Sáez dirixirá a Unidade de soño e neurofisioloxía clínica do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez
Por Redacción |