Excarceran un home que quedou atrapado no seu coche nun accidente na AP-9
Por Redacción
Os Bombeiros do Morrazo tiveron que intervir este mércores para liberar a un home que quedou atrapado no seu vehículo tras sufrir unha saída de vía na autoestrada AP-9 ao seu paso polo termo municipal de Vilaboa.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, unha persoa particular alertou do accidente ás 12.20 horas indicando que se produciu no quilómetro 145 da autoestrada en sentido Tui.
O persoal do 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas e dos Bombeiros do Morrazo, que se desprazaron ao momento cun equipo de excarceración. Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico e aos parques de bombeiros de Pontevedra e de Vigo.
Ata o lugar do accidente tamén foi mobilizada unha ambulancia para prestar atención sanitaria ao ferido.