Tres detidos por roubar en polo menos catro casas e comercios de Vilaboa e Marín
Por Natalia Puga
Un veciño de Pontevedra de 38 anos e dous mozos de Marín, un de 18 anos e outro menor de idade, foron detidos pola Garda Civil como presuntos responsables de, polo menos, catro roubos con forza cometidos en Vilaboa e Marín. A Garda Civil continua coa investigación polo que non se descarta a imputación de máis feitos delituosos da mesma índole aos detidos.
Segundo informou a Garda Civil, as detencións realizáronas este mércores 13 de marzo axentes do cuartel de Moaña. Os arrestados son o pontevedrés A.D.L. e o marinense J.F.P.C. (no caso do menor de idade, non se facilitan datos de filiación).
As detencións son froito de investigacións que os axentes de Moaña realizaban dende hai un tempo para esclarecer varios roubos con forza en vivendas e estaban comerciais que tiñan rexistrando nos municipios de Vilaboa e Marin.
Os investigacións recuperaron parte dos obxectos roubados, entre eles, unha carabina marca Hatsan (modelo Sniper e calibre 4.5 con mira telescópico), un televisor, varias botellas de diferentes tipo de bebidas alcohólicas, embutidos ou refrescos. Todo se devolveu xa aos seus propietarios e vítimas dos roubos.
Os detidos carecen de antecedentes policiais. Os dous adultos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 dos de Cangas e quedaron en liberdade con cargos, mentres que o menor compareceu ante a Fiscalía de Menores de Pontevedra.