Marcón prepárase para servir 600 racións na VII Festa da Fabada
Por Alejandro Espiño
Máis de 600 racións de fabada. Son as previsións que manexan os organizadores da Festa da Fabada para a sétima edición deste evento gastronómico que se celebrará este domingo 17 de marzo no Campo da Festa da parroquia. Trátase dunha festa "na que se implica todos os veciños de Marcón", segundo os seus impulsores, e que servirá para recaudar fondos para o club de fútbol.
Amador Cabaleiro, director deportivo do Marcón CF, explicou que en anos anteriores co diñeiro recadado con esta festa "chegábamos a final de temporada sen agobios económicos", aínda que este ano coa caída no número de socios e da publicidade "a crise notouse moito", polo que o seu reto é "cubrir os gastos que temos", que aumentaron co mantemento do campo novo e o crecemento dun club que conta con 149 xogadores.
Un ano máis se mantén o prezo da ración de fabada en sete euros e que inclúe ademais un bolo de pan e un vaso de viño ou unha botella de auga. Retíranse os refrescos da oferta e incorpórase o viño, porque segundo explicou Félix Casado, "había mucha gente que traía el vino de casa y queremos que se reduzca ese tema".
El é precisamente o encargado de cociñar a fabada nesta degustación gastronómica. Un proceso que comezará o sábado pola noite e para o que, salvo a alubia que vén de Ribadeo, o resto son produtos pontevedreses. "O chorizo, a morcilla ou a orella procede da comarca de Pontevedra", sinalou. Comezará a servirse a partir das 13.00 horas, tralo pregón que dará o actor Miro Magariños.
O programa desta festa gastronómica complétase coa actuación do grupo Calibre, que amenizará a degustación. Ademais, a partir das 19:00 horas, o Grupo Sabor actuará no Salón da Casa Parroquial.