A sepia, novo produto para a Festa do Marisco do Grove
Por Redacción
A pesar de que aínda quedan máis de seis meses para celebrar unha nova edición da Festa do Marisco do Grove, os seus organizadores atópanse xa ultimando a oferta gastronómica que se ofrecerá entre os días 5 e 15 de outubro.
Nesta ocasión, haberá novidades. A carta de degustación incluirá por primeira vez a sepia entre os produtos á venda. Así o acordaron o Concello e a confraría, que xa están a negociar a provisión e almacenaxe deste produto.
O que se descoñece aínda é a forma na que será parada e servida a sepia.
Así, os participantes do curso de cociña que o Concello do Grove organiza nas instalacións que a Deputación de Pontevedra ten na Lanzada están a centrarse en preparar pratos que inclúan a sepia, buscando a forma máis adecuada para a súa presentación na Festa do Marisco.
Esta actividade servirá como clausura do curso que empezou en xaneiro e que estaba dirixido a maiores de 18 anos.
Como peche, presentarán aos membros da corporación e ás súas familias esta proposta final, que ademais será unha interesante incorporación nun evento gastronómico de tanta repercusión como é a Festa do Marisco.