Reclaman que se deteña a "sangría horrible" dos desafiuzamentos en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Quizá non teñen a presenza mediática de anos anteriores, pero os desafiuzamentos motivados pola falta de pagamento de hipotecas ou alugueres non pararon. Así o asegura a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Pontevedra. En 2016, este colectivo logrou deter ata oito desafiuzamentos na cidade, segundo explicou a súa portavoz, María Fernández.
A este número hai que sumar, dixo, todos aqueles casos que non chegan a este extremo porque a plataforma "presiona a los bancos" e alcánzase algún tipo de acordo.
A PAH destaca que, onte mesmo, púxose en contacto unha nova familia de Pontevedra que ten unha orde desaloxo "y estamos en comunicación con ellos para pararlo".
Deter esta "sangría horrible" para as familias é unha das cinco esixencias que a PAH incluíu nunha campaña a nivel nacional para que, nunha primeira instancia, os concellos asuman un papel activo nestas reivindicacións.
Ademais, reclaman que os partidos políticos reclamen tamén a moción en pago de carácter retroactivo, que se aprobe un aluguer social que sexa acorde aos ingresos familiares, que se constrúan máis vivendas sociais e que se garantan as subministracións básicas ás familias sen recursos.
Sobre esta última cuestión, María Fernández explicou que "de nada vale que tengas techo y estés a oscuras, sin agua o que no tengas gas para calentar el agua".
A PAH notou, por outra banda, un notable incremento no número de persoas que acoden á plataforma en busca de asesoramento sobre as cláusulas suelo, unha das condicións "abusivas" que denuncian nas hipotecas e que, entende Fernández, non se está regulando de forma adecuada para que os bancos devolvan o diñeiro.
"Si robas tienes una condena, el banco puede incumplir esta ley y no pasa absolutamente nada porque no recoge el más mínimo castigo y eso no es justo", engadiu a portavoz da PAH en Pontevedra.
Relacionadas:
-
A corporación súmase á fronte antidesafiuzamentos da PAH
Por Alejandro Espiño |
-
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca acode ao Pleno para pedir aos políticos locais que se 'mollen'
Por Redacción |
-
"En Pontevedra a la gente le cuesta asumir que es pobre, prefieren entregar la vivienda a luchar por ella"
Por Anxo Lourido |