Arde unha antiga conserveira no Grove
Por Redacción
Un incendio declarado esta madrugada nunha antiga conserveira do Grove deixa danos materiais no seu interior.
Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, como consecuencia do lume ardeu material de pesca. Os feitos sucederon no lugar de Meloxo.
Un particular alertou do incendio ás 02:50 horas. Enseguida, pasou o aviso a Protección Civil da localidade, ao GES de Sanxenxo e á Garda Civil.
O CAE 112 Galicia tamén informou aos Bombeiros de Ribadumia aínda que, finalmente, descartouse a súa intervención. Os servizos de emerxencias que se achegaron ao momento conseguiron sufocar o lume.