Morre un can no incendio dun piso da Avenida de Lugo
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra acudiron ás 19 horas deste mércores á avenida de Lugo alertados por un incendio producido no quinto piso do edificio número 15 desta rúa.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local o lume iniciouse nun computador, pasando logo á mesa que terminou por calcinar todo o salón da vivenda.
No momento do incendio dentro da casa só había un can que os bombeiros xa atoparon morto.
Os efectivos do parque de bombeiros pontevedrés estiveron durante varias horas ventilando o inmoble que se viu afectado por unha intensa fumareda.