Ferida ao impactar o seu vehículo contra a varanda da ponte da Illa de Arousa
Por Redacción
Unha condutora resultaba ferida na tarde deste mércores 29 ao sufrir un accidente de tráfico cando perdía o control do vehículo na ponte da Illa de Arousa. O turismo golpeaba contra a varanda da ponte de maneira frontal ao perder o control a condutora.
A vítima, de 41 anos e veciña do concello da Illa de Arousa, queixábase de dores cervicais e dorsais. Foi trasladada por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés para sufrir unha exploración con detalle sobre os danos que sufrira no impacto.
Ata o lugar trasladáronse tamén axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Cambados.