Estudantes da Xunqueira II achéganse ao xornalismo dixital
Por Redacción
Máis de cincuenta estudantes de terceiro da ESO do instituto Xunqueira II participaron nun obradoiro para coñecer o funcionamento dos medios de comunicación nas novas plataformas dixitais.
Os escolares puideron comprobar aspectos como a información e a desinformación a través das redes sociais, o fenómeno da divulgación de bulos informativos e o traballo xornalístico da procura de fontes para acreditar as informacións.
A actividade, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, desenvólvese en diversos institutos de Pontevedra co obxectivo de achegar o xornalismo aos máis novos.
Todos os participantes, estudantes e profesores, coincidiron na necesidade de demandar unha maior calidade informativa que mellore a relación ente a sociedade e os medios de comunicación.