Un convenio entre o Concello e ximnasios privados, proposta do PP para fomentar o deporte na terceira idade
Por Redacción
O Partido Popular presentará unha moción no próximo Pleno Municipal para instar o goberno local a elaborar un programa específico de actividades físico deportivas dirixidas a persoas maiores de 65 anos.
Para poder desenvolvelo, propoñen alcanzar un acordo cos responsables dos ximnasios da cidade para que, a través dun convenio, o Concello financie a cota mensual e que esta se converta en "simbólica" para as persoas da terceira idade, facilitando así o seu acceso a estas instalacións.
Así o explicaron este martes os concelleiros populares Tomás Abeigón e Jacobo Moreira nunha rolda de prensa na que tamén estaba representada a Asociación de Empresarios de Ximnasios e Centros Deportivos de Pontevedra.
"La intención es ayudar a las personas mayores a ser activos", sinalou Abeigón, co dobre obxectivo de promocionar a actividade física e de "ayudar a la creación de empleo" co impulso que isto supoñería para os ximnasios privados da cidade.