Aguete prepárase para cando chegue o bo tempo
Por Redacción
Durante estes últimos días de marzo están a desenvolverse labores de limpeza e de roza na contorna da praia de Aguete a cargo das brigadas do Concello de Marín, a través das áreas de Turismo e de Medio Ambiente.
Os temporais causaron unha maior sucidade nesta zona durante este inverno e quérese despexar a contorna dos areais que permita para a Semana Santa poder gozar do paseo e destes espazos públicos.
Están a centrarse, sobre todo, en labores de roza e amaño nas contornas e as zonas de praia, prestando especial atención ao viario de praias que ten a cualificación de sendeiro azul.
Na época de primavera e de verán, este espazo conta cunha importante afluencia de veciños e de turistas que percorren o viario camiñando ou practicando algún deporte.